O Grupo Lemaco Xiria B, finaliza a primeira volta invicto

Club Balonmán Panadería De Covas Viveiro 30 – Grupo Lemaco Xiria B 48

Club Balonmán Panadería De Covas Viveiro (13+17): Juan Nicolás Castro, Héctor Umpierrez (1), Edgar Durán (4), Pablo Piñon (6), Martín Gómez (1), Mael Pérez (7), Bryan Castrillón (3), Pablo Gallego, Gabriel Mamani, Lucas Méndez (7), Héctor López.

Grupo Lemaco  Xiria B (21 + 27): Antón Pardiñas (p), Diego Barbeira (1), Brais Suárez (4), Máximo Andrés Días (4), Nicolás Cancela (9), Marcos Varela (2), Álvaro García, Diego Mourelle (5), Marcos Suárez (9), Aday Gómez (4), Simón Viña (6), Jorge Rodríguez (4).

Árbitros: Raquel Martínez do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata cadete masculina disputado no Pavillón Municipal De Viveiro (Viveiro).

O Grupo Lemaco B segue sumando vitorias na seu marcador. O equipo xogou a un gran nivel neste primeiro partido do ano e mantén o liderado da liga prata.

Os primeiros minutos de xogo foron de igualdade con goles fáciles para ambos conxuntos; pero aos poucos o alto ritmo de xogo que impuxo o Grupo Lemaco Xiria outorgáballe diferenzas que xa ao descanso deixaban o partido sentenciado (13 a 21).

A segunda metade, un Xiria superior fisicamente ao cadro local, mantivo a intensidade que requiría o partido. Os xogadores fixeron 60 minutos de bo balonmán, xogando concentrados e serios. Bo comezo de ano e a semana que vén empezará a segunda volta da competición.