O Grupo Lemaco Xiria cede ante un Balonman Tui máis físico

Partido moi igualado con dous conxuntos que ofreceron un espectacular encontro e que se decidiu a favor dos visitantes por pequenos detalles.
Xa desde o inicio do partido prevíase que o factor físico ía ser determinante, xa que o ritmo de xogo de ambos os conxuntos era moi alto. Os de Tui empezaban mellor, atopando ocos no 6:0 local, que pronto cambiaría o sistema defensivo a 5:1 onde neste partido atopáronse máis cómodos. Uns instantes de igualdade e o partido non se paraba; os de Xiria trataron de seguir o ritmo cos cambios, pero Tui íase ao descanso 15 a 20.

Tras a continuación, os locais cunha defensa moito máis axustada recortaban diferenzas e poñíanse a un só gol (22-23). O adestrador visitante viuse na obriga de parar o partido. O Xiria non acababa de culminar a remontada ao contraataque, e os de Tui aproveitaron para poñerse de novo a diferenza de 4 goles. Un Grupo Lemaco peleón ata o final e animado polo seu público, defendía 3:3 e conseguía de novo axustar o marcador a un só gol, pero Tui atacando con 7, ante un Xiria fundido, despois do esforzo realizado, levaba os dous puntos.
A semana que vén o Grupo Lemaco viaxa ata Porriño, noutro partido a priori axustado.

Grupo Lemaco Xiria 39 – Clube Balonman Tui 41

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (6), Martín Fuentes (7), Nicolás García, Andrés García (3), Miguel Goimil (2), Pedro Porteiro, Bruno Facal, Esteban Puñal (13), Ángel Viña, Samuel Regueira, Alberto Rodríguez, Samuel Veiga, Julián García (8).

Clube Balonman Tui: Jorge Domato (12), Diego Rodríguez (4), Pablo Gandara (11), Miguel Pena (1), Lois Estévez (1), Lucas Ramos (8), Anxo Álvarez (2), Hugo Rodríguez, Carlos Junior, Levin Fernández, Anxo Vila (2), Manuel Lorenzo.

Árbitros: Nicolás Nuñez e Jose López do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á novena xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Ceip Fogar (Carballo)