Escolas Balonmán Xiria volverá formar parte da Asemblea Xeral da Real Federación Española de Balonmano
A pasada semana tiña lugar na sede da Federación Galega de Balonmán o proceso electoral por parte do Estamento de Clubs para elixir aos catro clubs que representarán ao balonmán…

A pasada semana tiña lugar na sede da Federación Galega de Balonmán o proceso electoral por parte do Estamento de Clubs para elixir aos catro clubs que representarán ao balonmán galego durante os vindeiros catro anos na Asemblea Xeral da Real Federación Española de Balonmano, asemblea que será quen elixa proximamente ao Presidente da RFEBM no proceso electoral que se está a levar a cabo.
Comprácenos comunicar que Escolas Balonmán Xiria volveu sair elixida, mediante votación por parte de todos os clubs de Galicia, por terceira «lexislatura» consecutiva para representar os intereses do balonmán galego perante a RFEBM.
Os catro clubs que representarán ao balonmán da nosa comunidade son:
– Escolas Balonmán Xiria
– Bm. Cangas
– S.D. Teucro
– Bm. Porriño


