O Grupo Lemaco Xiria móstrase superior ao Lalín

O Grupo Lemaco Xiria impuxo o ritmo de xogo no Lalín Arena, ante o mozo conxunto lalinense. Desde o inicio do partido as rápidas transicións defensa-ataque daban con vantaxe ao Xiria que impoñía o seu antropometría física na defensa e a velocidade do xogo no ataque para marcharse ao descanso co partido decidido 9 a 19.

Os de Carballo non querían sorpresas, e na segunda metade tamén se impuxeron cun parcial de 13 a 19. Boa actitude por parte de todo o equipo, que a semana que vén recibe ao Cisne en Carballo na loita polos postos cabeceiros.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Lalín Arena ante uns cen de seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: Julio Bouzas e Pablo Álvarez do colexio galego.

LALÍN CARPINTERÍA JAR 22 ( 9 + 13 ): Sergio Jar [p], Miguel García, Xabier Crespo, Adrián Ferradas, Xabier Fernández, Matías López, Antón Maceira, Eric Giner, Alberto Rodríguez, Antonio Canda, David Rodríguez, Breixo Pereira.

GRUPO LEMACO XIRIA 26 ( 19 + 19 ): Pedro Pena [p], Esteban Puñal, Martín Fuentes, Mario Cancela, Daniel Mallo, Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo.