O Grupo Lemaco Xiria perde o pulso con Carballal

Primeira xornada de liga para o Grupo Lemaco que se estreaba como local, ante un dos rivais fortes da categoría. Bo encontro co que nos deleitaron ambos conxuntos. O partido estivo igualado ata os últimos 7 minutos da segunda parte, nos que os visitantes estiveron máis acertados e conseguiron facerse cos dous puntos.

O partido empezou cunha velocidade endiablada, rápidas transicións e defensas intensas, ben coordinadas que mantiveron a rela aos xogadores fortes dos dous conxuntos. Ao descanso chegaríase 11 a 11.

Tras a continuación, a tónica sería a mesma e as pequenas diferenzas que se lograban no marcador eran froito das exclusións que tiña un e outro equipo. Chegábase aos últimos 5 minutos co Grupo Lemaco un gol por baixo, unha serie de erros defensivos e a precipitación en ataque nos instantes finais, permitiu ao equipo vigués levar a vitoria.

A semana que vén os carballeses viaxarán ata Pontevedra para enfrontarse ao S.D. Teucro.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiados: Henrique Folgoso e Wallace De Moreiro. Excluiron a Antonio Calvelo (32´), Aaron Rodríguez (41´), Esteban Puñal (42´, 51´), por parte del Grupo Lemaco Xiria, namentres polos vigueses foron excluidos Yeray Eiro (17´) e Anxo Fontán (39´). 7 metros: Grupo Lemaco Xiria 1/1 // AD Carballal 7/7

GRUPO LEMACO XIRIA 25 ( 11 + 13 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Andrés García, Esteban Puñal (2), Martín Fuentes, Mario Cancela (4), Daniel Mallo (5), Álex Puñal, Áaron Rodríguez (4), Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Carlos Varela (5), Fernando Mallo (3), Julián García, Diego Antelo (2).

A.D. CARBALLAL 28 ( 11 + 17 ): Guillermo Álvarez, Alexandre Gallego (4), Yeray Eiro (2), David Álvarez (3), Adrián Leal, Iago Costas (5), Lois Martínez (5), Iago Suárez, Xosé Henrique Costa, Anxo Fontán (5), Pablo Vilaboa, Manuel González (4).