Partidos moi atractivos durante o fin de semana

Este fin de semana, o Calvo Xiria estrearase na competición de liga de 1ª nacional como local. Despois da gran e traballada votoria da pasada semana en Lalín, o conxunto de Carballo tentará que a presentación ante o seu público sexa igualmente exitosa ante o Construcciones Castro Lavadores, outro dos favoritos ao título e que ven de renovarse con fichaxes de renome despois dun forte investimento económico durante este verán. O partido dará comezo ás 20:00 h do próximo Sábado, nun Vila de Noia que parece estará abarrotado dado o gran cartel do choque e a expectación por ver as novas incorporacións do Calvo Xiria.

Tamén en senior pero na categoría feminina, o Goldie Xiria desprázase na tarde do sábado ata o pavillón de Coirón ás 20:00, para enfrontarse a un recentemente descendido Asmubal Meaño, que a tempada anterior xogou na categoría de prata feminina e vén de descansar na primeira xornada. Moitas incógnitas neste partido, no que as bergantiñás tratarán de seguir axustando a parcela defensiva nun partido esixente e para o que están preparadas.

Xa nas categorías de base e tras o aprazamento da semana anterior do partido que tiña que disputar diante do Carballal, comeza este Domingo a competición de División de Honra para o Laber Xiria xuvenil, desprazarase a Pontevedra a medirse cun reforzado Teucro, que ven de gañar na pista do Octavio. A maior envergadura do rival terá que ser contrarrestada coa velocidade no ataque e a intensidade defensiva do Xiria, que deberá non perder a concentración durante os 60 minutos nunha cancha difícil. O encontró dará comenzó as 10:00h no Pavillón Dos Deportes de Pontevedra.

Pola súa parte e xa na segunda xornada, o Grupo Lemaco enfróntase tamén ao Teucro en Pontevedra (Domingo ás 11:30). Espérase un partido igualado entre, dous conxuntos, que están destinados a pelexar por estar entre os seis primeiros da clasificación. O contraataque e as perdas de balón serán factores fundamentais na disputa dos puntos en xogo.

Completa o trío de partidos en Pontevedra o equipo infantil masculino de División De Honra, o Garaysa Xiria, que tentará, ante un gran rival, mellorar no seu xogo con respecto ao encontro da semana pasada e apurar as súas opcións de sumar os primeiros puntos no campionato. O encontro disputarase ás 10:00 h do Domingo no Pavillón da Xunqueira.

En categoría feminina, tanto as Infantís de Hierros Varela Urbieta, como as cadetes do Punta del Este, actuarán como locais no Vila De Noia o vindeiro sábado. As primeiras disputarán a segunda xornada da División De Honra fronte ao BM. Salceda de Caselas e as segundas, no partido que inicia a competición de 2ª división, afrontarán o derbi ante o BM. Camariñas ás 12:00 h. Dous encontros que a bo seguro Terán que traballar as rapazas de Carballo si queren sumar os puntos en xogo.