O Grupo Lemaco xogará esta tempada na Liga Prata

O Grupo Lemaco xogará esta tempada na Liga Prata

Mal se deron as cousas esta fin de semana pasada para o Grupo Lemaco Xiria, que viaxou desde o venres a Cangas para a disputa dun Play Off moi igualado, e que rematou ca posibilidade de estar na Liga Ouro 23/24. 

No partido inaugural, as carballesas enfrentábanse ante o Bm. Porriño, nun partido crucial para o devenir do grupo. Nun primeiro tempo para esquecer, o Grupo Lemaco non terminou de entrar no xogo como se debería, feito que aproveitaron as pontevedresas para marchar o descanso con unha renta cómoda. Na volta dos vestiarios as do Xiria entraron con aires renovados, volteando a situación ata igualar o encontro(15-15). A partir de aqui, o Bm. Porriño soubo gestionar moito mellor a presión e terminou por decantar o encontro por tres goles a favor(20-17)

Na seguinte xornada enfrontaron o Bm. Cangas, favorito para alzarse co triunfo tanto no Play Off como na competición anual. Un encontro onde a fráxil moral das verdes quedou patente cun 8-0 de parcial que puxo contra as cordas ás carballesas. Eses primeiros instantes condenaron a derrota a un equipo que a pesar de intentar canto menos cambiar a dinámica, apretou un pouco as cousas mediado o segundo tempo(21-16) pero terminaron por desplomarse no treito final(38-21).

Na última xornada, e coa necesidade dunha victoria polo menos de 4 goles de diferencia, as do Xiria mostraron mellor predisposición e levaron o encontro disputado,a pesar dos erros na definición que lle puideron permitir xogar cun pouco mais de tranquilidade. No tramo final, cunha defensa máis alta, foron quen de decantar o partido, pero con unha vantaxe insuficiente para lograr o obxectivo marcado.

O Grupo Lemaco A e o Grupo Lemaco B disputarán a Liga Prata encuadrados nos grupos B e A respectivamente que comeza esta vindeira fin de semana. O Grupo Lemaco A descansará mentres que o Grupo Lemaco B visitará Santa Combao sábado a tarde.