Completo partido do Laber Xiria para gañar ao Oar

Laber Xiria 31 – Oar Coruña 18 (16-10)

Dende o saque inicial o Laber Xiria non dou respiro ao seu rival deste domingo, o Oar Coruña. Amosábase un partido complicado para as aspiracións dos carballeses, que empezaron o campionato con dúbidas pero que van collendo o ritmo a competición, a pesares do curto plantel e das numerosas baixas por lesión.

Comezou o Xiria moi enchufado despregando un 6:0 defensivo contundente que non concedía opcións claras de lanzamento ao rival e que sobre todo non desfacía o seu debuxo antes as diferentes accións de ataque do Oar. En ataque o balón fluía conseguindo boas situacións de lanzamento e poñendo colchón de tranquilidade no marcador, 16 a 10 no descanso.

A volta do vestiario agardábase unha reacción dos coruñeses, pero a contención defensiva coa intensidade precisa a cada acción impedían ao rival situacións cómodas, e o máis importante, daba balóns para saír ao contragolpe e irse no marcador sentenciando o partido.

Vitoria traballada e moi importante ante un directo rival que afianza ao equipo na zona mediada táboa clasificatoria.

Grupo Lemaco Xiria 31 (16): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Andrés Vila 14, Fran Rey 7, Santi Oreiro 2, Andrés Urbieta 2, Pablo Cambón 1, Manuel Sánchez, Roi Alfeirán, Renzo Díaz 1, Brais Vila 1, Iker Martínez 1, Iago Rincón 2 e Dani Trigo

Oar Coruña 18 (10): Jaime Martín e Pedro González (porteiros) , Daniel Monamee 5, Bruno Camiño, Lucas Morelli, Daniel Feal 1, Raul Costa 1, Adrián López 6, Alejandro Pérez, Santiago Lojo, Alejandro Suárez 3 e Marcos Sánchez 2.

Marcador cada 5 min: 2-2/ 6-2 / 9-5/ 11-6/ 14-9/ 16-10/ 19-12/ 21-12/ 24-14/ 27-15/ 29-17/ 31-18

Arbitraron: Blanca Vázquez e Cristina Olleiros, sen complicacións