O Hierros Varela Urbieta xoga a final da Copa Federación en Carballo

Este sábado ás 12:00, no Pavillón Carballo Calero, terá lugar o último partido da tempada para o Hierros Varela Urbieta Xiria. O encontro será contra o Bm. Moaña e corresponde á final da Copa Federación.
 
Ambos equipos quedaron líderes do seu grupo na fase previa e buscarán rematar o ano deportivo cun título baixo o brazo. A victoria nos encontros de liga foi para as de Moaña mentras na fase final os puntos quedaron para as carballesas. A igualdade de seguro que estará presente este sábado no pavillón e a loita polo título será o peche ideal para unha gran tempada do Hierros Varela Urbieta Xiria na segunda división cadete feminino onde se proclamou subcampión de liga.