Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

O Laber A vence no Vila de Noia

O Laber disputaba a xornada 11 da Liga Ouro contra o Abegondo, un rival que xa na ida lle puxera as cousa moi difíciles aos carballeses. O Laber viña de…

O Laber disputaba a xornada 11 da Liga Ouro contra o Abegondo, un rival que xa na ida lle puxera as cousa moi difíciles aos carballeses. O Laber viña de facer un gran partido pero necesitaba refrendar o bo traballo nos partidos coa vitoria e os dous puntos.

O comezo do partido estivo marcado pola igualdade. Ao Laber atragantábaselle a presionante defensa visitante. Os carballeses non eran capaces de saír da liña de presión e polo tanto os pases eran moi perigosos e, toda-las accións comezaban con un bote. Na defensa o equipo estaba concentrado pero os longos ataques do Abegondo facían que se chegara a situacións de desaxuste que os visitantes souperon aproveitar. Nesta igualdade o partido chegaba ao descanso con 11-10 para o Laber.

Xa na segunda metade o Laber conseguía leer mellor a presionante defensa visitante e mediante situacións de apoyos entre xogadores cercanos conseguía sobrepasar a defensa dos de Abegondo. A parcela defensiva local mantíñase coa mobilidade necesiaria e conseguía levar os ataques visitantes ata o límite e ahí desta vez tiñamos máis acerto e colaboración defensiva. Así, pouco a pouco o Laber conseguía irse despegando do marcador, mantendo o mesmo nivel e intensidade durante o partido. Chegamos así ao remate do partido con 30-21. Conseguindo unha vitoria que fai ao Laber crecer nas súas aspiracións.

Máis sobre isto