O HVU Xiria volve a senda do triunfo diante do Culleredo

Tras una serie de catro derrotas seguidas, as nosas xuvenís conseguiron impoñerse en Almeiras e volver cos dous puntos a Carballo.

Nunha primeira parte moi igualada, a defensa 5:1 local parecía resistir con eficacia os intentos das carballesas e a falta de acerto en ocasións claras de lanzamento e a boa actuación da porteira  lastraba as nosas. Con todo, o Xiria parecía ter dominado o encontro, pero non a marcador. A entrada de Duna ó campo ó final da primeira metada daba folgos as nosas con boas accións de penetración a chegábase ó descanso 12-12.

Á volta dos vestiarios, as carballesas saíron con moita máis confianza, controlando o partido dende a defensa, pero aínda sen gran acerto de cara a gol. Os sucesivos cambios defensivos locais non podían frear as embestidas do Xiria que logrou romper o encontro con brillante parcial 1-8. A eficacia de segunda oleada e as paradas de María minaban a un Culleredo que loito ata o final.

Marcador final de 20-25, dous novos puntos moi importantes para e equipo que esta semana reciben ó Balonmano Porriño, líder invicto da categoría.