O Laber Xiria B non é quen de superar ao Ribadosar

9ª xornada da Liga Prata Xuvenil Masculino

Ribadosar 28 – Laber Xiria B 27 – (18-13)

O Laber Xiria da división Prata perdeu nun partido igualado que se decantou para os santiagueses
Primeiros minutos de dominio do Xiria que foi afrouxando na intensidade defensiva, permitindo ao seu rival opcións claras de lanzamento dende o centro o que levaría ao Ribadosar a ir medrando no marcador en poñer un 18 a 13 ao descanso.
A maior iniciativa do Laber premando sobre a circulación do balón, atascou o ataque dos de Santiago e permitía ao Xiria reducir diferenzas sabendo materializar as súas oportunidades no ataque, pese a elo non foi suficiente e o partido decantouse por un gol para os locais

Laber Xiria B 27: Alex Vázquez e David Pensado (porteiros), Samuel Veiga 5, Nico García 1, Samuel Regueira 8, Aaron Pérez 2, Dani Bello 5, Manuel Pérez 1, Pablo Suárez, Angel Villar, Marcos Amarelle e Hugo García 4.

Ribadosar 28: José Ramón Rodríguez, Miguel Cepeda, Juan González 8, Alberto Naveira 5, Enrique Vázquez 5, Xenxo Gonta 3, Jesús Ricoy 3, Jorge Rivas 2, Ramón Panero 1.

Arbitraron: Diego Rivera e Martín Rodríguez