O Laber Xiria clasifícase para semifinais derrotando ao Cisne nun gran partido.

Balonmán Cisne 24 – Laber Xiria 33 (10-16)

O Laber Xiria acada a primeira posición do seu grupo da Copa Federación polo que xogará as semifinais contra o segundo do outro grupo.
Non tivo un sorteo favorable na Copa Federación, pero o conxunto carballés foi superior aos seus rivais, remata moi en forma o equipo que cada día vai a máise que xa mira para afrontar con gañas a vindeira tempada para a que practicamente conserva a todos os xogadores, tan so Andrés Urbieta e Renzo Díaz serán ausencias ao pasar a seniors.
A clave do encontro estivo nas gañas e intensidade que amosou o Laber dende o inicio nunha defensa 6:0 que especialmente polo centro amosábase infranqueable para os pontevedreses, no ataque o Xiria acertaba con combinacións e sobre todo buscando por onde facerlle máis dano ao rival. Cobraba distancia no marcador o Laber Xiria ao conseguir atallar aos ataques do Cisne, conseguindo en moitas ocasións saír a contra e anotar.
Diego Lema e Julio Ferreiro amosáronse especialmente acertados o longo do encontro na portería carballesa, algo que permitiu ao Xiria mandar sobre o terreo de xogo e ampliar vantaxe ante o actual Campión de Liga. Chegou a incrementar a vantaxe o Laber ata os 12 goles, gustándose e atopándose cómodo durante os 60 minutos.

Balonmán Cisne 24 (10): Anxo Fraga e Javier Muñoz (porteiros) , Ivan Pérez 2, Carlos Costa 2, Juan Cuenca 2, Víctor Fernández 4, Sergio Alvarez 5, Ricardo González 3, Manuel Suárez, Mateo Arias 3, Jaime Leira 2, Diego García, Angelo Da Silva 1 e Bruno Neves.

Laber Xiria 33 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro 1 (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 12, Mario Cancela 9, Fer Mallo, Dani Mallo, Franco Rial 1, Aaron Rodríguez 3, Brais Vila, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Diego Antelo 1, Andrés Urbieta 4

Arbitraron Marcos Pérez e Catarina Adao, ben, sen complicacións