Protagonismo para a competición de Copa esta fin de semana

Esta fin de semana, disputarase a xornada cinco da competición de Copa para os equipos de División De Honra e para o conxunto de 2ª cadete feminina, Punta Del Este.

No caso dos equipos masculinos de categoría infantil, cadete e xuvenil, o desprazamento que terán que realizar o Sábado será a Pontevedra, onde se enfretarán a un dos clubs máis potentes da autonomía, como é o Cisne. Os equipos de Xiria están a realizar un campionato de Copa notable e desexan corroboralo ante o seu gran rival desta fin de semana.

O obxectivo é continuar coas boas sensacións que está a deixar nos diferentes persoais está competición e desta forma terminar a tempada cun excelente sabor de boca. A competición tamén está a servir para ir asentando os grupos que van formar os diferentes equipos da tempada que vén.

Os encontros se disputarán no CGTD de Pontevedra. Os infantis serán os primeiros en saír a pista da cidade do Lerez (10:00h), a continuación os cadetes do Grupo Lemaco (11:30) e por último, os xuvenís do Laber Xiria (12:45h).

Pola súa parte, as infantís do Punta Del Este viaxarán a Vigo para xogar fronte ao Carballal, o conxunto máis forte da categoría, que de feito acadou o campeonato galego este ano. As nenas do Xiria tentarán facer o seu xogo e saír satisfeitas ca evolución do mesmo nun encontro de máxima esixencia. O partido será o Sábado as 11:30 no pavillón O Loureiro.

Por último, as cadetes do Hierros Varela Urbieta disputarán un derbi máis fronte ao BM. Camariñas na primeira xornada da Copa da 2ª categoría. Como todos os partidos desta tempada entre ambos conxuntos, as de Carballo deberán de presentar as súas mellores prestacións para imporse a un equipo sempre competitivo e con boas capacidades. O partido dará comenzó as 12:00h do Domingo no pavillón Vila De Noia.