O Laber Xiria lidera con paso firme
O Laber Xiria sumou a súa sexta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas de liga, esta vez, na sempre difícil pista da Academia Octavio de Vigo. O conxunto de Carballo mostrou…

O Laber Xiria sumou a súa sexta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas de liga, esta vez, na sempre difícil pista da Academia Octavio de Vigo. O conxunto de Carballo mostrou a súa superioridade desde o inicio do encontro, pero os excesivos riscos, as perdas de balón e un equipo local ordenado e moi correcto tácticamente, mantiña o pulso e a proximidade nun marcador que reflectía un 11-13 no descanso. Aos olívicos custáballes moito superar a retagarda carballesa, pero non se impacientaban nos ataques longos, máis ben todo o contrario, espremendo as súas opcións e buscando as situacións máis claras até o bordo do pasivo. Por contra, os verdinegros non plasmaban esa superioridade defensiva na portaría contraria e cando recuperaban o balón, mostrábanse demasiado ansiosos, asumindo excesivos riscos no contraataque e abusando de ataques demasiados curtos. Foi no segundo acto cando os bergantiñáns puxeron terra polo medio, sumando, ao bo nivel defensivo, unha maior pausa e minimizando os erros e as perdas de balón. En definitiva, un partido completo por parte dos xogadores de Xiria, que seguen mostrando a súa progresión semana a semana e liderando o campionato de maneira fiable. Para a semana, o conxunto de Carballo ten outra cita fóra de casa, esta vez en Bueu, contra o equipo de devandita localidade. O obxectivo será seguir crecendo no xogo e sumar dous novos puntos para seguir no máis alto da táboa clasificatoria.
Academia Octavio: 19 (11+8). Pablo, Gabriel (5), Mario, Navarro, David (3), Nicolás, Daniel, Yeray, Carlos (5), Giráldez (6), Javier, Castiñeira, Bruno, Martín, Aaroon.
Laber Xiria: 31 (13+18). Sanuel Castiñeiras (p), Carlos Vilanova (2), Juanca (9), Manuel Souto (p), Andrés Vila (7), Roi Alfeirán (5), Ronaldo, Francisco Rey (5), José Varela (1), Santi Oreiro (1), Andy (1), Manuel Sánchez.
Parciais cada 5´: 1-1/3-5/4-8/7-10/8-12/11-13**/Descanso/12-15/15-18/16-21/17-24/18-28/19-31/Final.**
Colexiados: Pedro Eiras e Andrea Argibay. Ben, sen complicacións.
Incidencias: Encontro da sexta xornada da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado no pavillón centras das Travesas ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Clasificación:
Fotos do encontro:





















