O Laber Xiria puxo en apuros ao Cisne pero acaba pagando os erros

LABER XIRIA A 24-  CLUB CISNE BALONMANO COLEGIO LOS SAUCES 34

O Laber Xiria comezaba a tempada contra un difícil rival como é o Colexio los Sauces Cisne, equipo que a tempada pasada foi campión de España. Os carballeses afrontaban este partido coñecedores de que ían a ter que manter un bo nivel de xogo e de concentración para poder estar no partido.

O partido comezaba con ambos equipos cometendo erros, sen embargo o Cisne puido golpear primeiro e soupo impoñer a súa autoridade física para poñer as primeiras rentas no marcador. Os lanzamentos exteriores e o xogo co pivote estaba a facer moito dano aos carballeses e, a precipitación no ataque facía que o marcador ao descanso fose 12-19 a favor dos pontevedreses.

Con todo, a parte máis positiva do partido foi o arreón de loita e ganas que impuxo o Laber a volta dos vestiarios. Unha defensa moito máis dinámica facía que os xogadores do Cisne tiveran problemas. Na faceta ofensiva unha maior mobilidade facía que se atoparan situación con espacio para poder resolver. De este xeito o equipo rival tiña que pedir un tempo morto para frear o arreón local que xa rebaixara a dieferenza a tres goles. A partir de ahí o Laber tivo numerosos erros claros que o penalizaron, terminando con un resultado que pouco reflexa a segunda metade do equipo carballés.

 

acta_completa_1168564