O Laber Xiria vence nun apaixoante partido

Meses de parón, de incertezas, de adaptación a nova situación e aos novos protocolos…todo facía que este partido fose moi especial. Era unha festa para ambos equipos, pois podían volver a disfrutar do deporte que lles gusta grazas aos protocolos e ás medidas de seguridade establecidas.

O Laber viaxaba a Culleredo co obxetivo de progresar defensivamente e mellorar os rexistros defensivos do ano pasado. E o obxetivo foi cumplido, pois xa na primeira parte os carballeses se apoiaron nunha activa defensa e a colaboración da portería. Este acerto atrás facía que o Laber Xiria puidera correr contras en primeira e segunda oleada e así sorprender aos de Culleredo.  Grazas a este traballo os carballeses marchaban ao descanso con unha renta de 5 goles (7-12).

No comezo da segunda metade o Laber Xiria cometía numerosos erros no ataque (mala execución de procedementos, malos pases, incontables erros de lanzamento) propios dun primeiro partido, e derivado da falta de adaptación do equipo á competición logo de tanto tempo de parón. Estas perdas facían que o equipo local puidera facer moito dano aos carballeses nas contras en primeira oleada, e con isto conseguíanse poñer 2 goles arriba no marcador.

Nese intre, e logo dun tempo morto para a relaxación, o Laber voltaba a prantexar unha boa defensa e a sacar a garra propia do xen Xiria para remontar o partido. De este xeito o Laber conseguía levar a vitoria nun vibrante partido.

Destacar a labor de todo o equipo que foi quen de remar todos na mesma dirección cando o partido se poñía máis compricado.

BM CULLEREDO TÉCNICOS 115 (7+16)

N.3 BRAIS PEREZ CASTELO
N.4 XOEL GARRIDO OTERO
N.5 MARTIN INSUA GOMEZ (4) 
N.8 PABLO GOMEZ GONZALEZ (3)
N.10 DANIEL DEL RIO FRADE (3) 
N.12 JORGE LOPEZ DE LEON
N.30 MATEO DIAZ FERNANDEZ (3)
N.44 MANUEL GOMEZ GONZALEZ
N.47 GUILLERMO SEIJO RODRIGUEZ
N.55 NUNO LOXO GARCIA (4)
N.74 SENEN GAREA GUTIERREZ (3)
N.82 ADRIAN DIAZ RODRIGUEZ (3)

LABER XIRIA 26 (12+11)

N.4 ESTEBAN PUÑAL SUAREZ (1)
N.5 MARIO CANCELA COUTO (4)
N.6 PABLO ESMORIS CAMPOS (1)
N.9 MARTIN FUENTES POMBO (3)
N.10 ALBERTO RODRIGUEZ POMBO (1)
N.11 CARLOS VARELA GARCIA (3)
N.12 JESUS MIGUEL GOIMIL ARES
N.13 ANDRES GARCIA VAZQUEZ
N.16 MATEO PALLAS GARCIA
N.17 ALEX PUÑAL SUAREZ (2) 
N.18 JUAN MARTIN FAJARDO MARTINEZ (2) 
N.20 DIEGO ANTELO CAMPOS (4) 
N.22 FERNANDO MALLO CARRACEDO (2)
N.23 JULIAN GARCIA COBELO (3)
N.42 DARIO JOSE CALVIÑO RAMA