O Marmolería José Rey imponse nun partido moi competido

Enfrontábase na mañá do domingo o Marmolería José Rey o Bm Ribadosar, un partido que se presupoñía igualado dende un inicio e así foi.

O Marmolería José Rey entrou no partido moi relaxado na defensa, e esto fixo que o Ribadosar cobrara unha renta que non ía a deixar en toda a primeira parte. En ataque, a defensa presionante que prantexaba o equipo visitante facía que nun inicio os de carballo estivesen moi estáticos. Sen embargo pouco a pouco o equipo foi axustando tanto na defensa como no ataque e foi recortando distancias. Antes do descanso tivo lugar unha acción que marcaría o resto do partido, pois nunha contra o porteiro de Ribadosar chocaba contra un xogador carballés fora da área sendo catulina vermella para dito porteiro. De este xeito  rematábamos a primeira metade 10-12.

A segunda parte estuvo marcada pola alta intensidade defensiva que prantexou o equipo carballés, intensidade que lle permitiu correr contras directas ata poñerse por diante no marcador. A partir de ahí a igualdade foi a tónica, con un moi bo nivel competitivo por parte dos dous equipos. Foi nos últimos minutos cando o Marmolería José Rey se puxo por diante, sendo capaz de manterse por encima no marcador no que restaba de partido. Así rematou o partido con un 24-19 no marcador.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 24 ( 10 + 14 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Oscar Tasende, Samuel Veiga , Samuel Regueira, Nicolás García , Aarón Rodríguez, Bruno Facal, Erik Vázquez, Pablo Veiga

RIBADOSAR 19 ( 12 + 7 ): Carlos Valdés, Carlos Quintela, Alberto Naveira, Javier Pérez, Rubén Martínez, Marcos , Ramón Panero, Diego Fernández, Mateo Pereira , Daniel Hermida , J.Ramón Rodríguez, Xenxo Gontá