Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino B

O Marmolería José Rey Xiria segue crecendo á conta do Camariñas

Partido moi disputado entre os dous conxuntos da Costa da Morte e que tivo emoción ata o final. Un derbi respectuoso onde puidemos gozar do balonmán. Igualdade desde os primeiros…

Partido moi disputado entre os dous conxuntos da Costa da Morte e que tivo emoción ata o final. Un derbi respectuoso onde puidemos gozar do balonmán.

Igualdade desde os primeiros minutos con intercambio de golpes no marcador. O Marmolería José Rey Xiria chegaba aos instantes finais da primeira parte por diante pero un gol local nos últimos segundos poñía o empate a 10 co que se chegaría ao descanso.

Na continuación; o Camariñas saía mellor e conseguía distanciarse; pero os de Carballo, refacían o seu nivel defensivo o que lles permitiu remontar a pequena vantaxe local e mesmo distanciarse para acabar o partido de forma cómoda e asegurarse os dous primeiros puntos da Copa Federación.

A próxima xornada da Copa será o 14 de abril o Marmolería José Rey Xiria recibirá ao Ribadosar en Carballo.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ponte Do Porto ante un centear de seareiros. Colexiado: Pedro Bermúdez do colexio galego.

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 17 ( 10 + 7 ): Aaron Pérez, Daniel Eiranova, Daniel Luaces, Samuel Soneira, Brais Dono, Jesús Sar, Fabio Pasantes, Anxo Canosa, Derek Freire, Daniel Paz.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 19 ( 10 + 9 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Áaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Pablo Veiga.

Máis sobre isto