O Metalúrgica BB gaña en Arteixo e finaliza a competición

Na mañá do sábado, o Metalúrgica BB viaxaba ata o pavillón Municipal de Galán para enfrontarse ao Reprint Arteixo, no que era o seu útlimo partido da Liga Prata Infantil Masculina.

O partido comezou moi ben para os visitantes, que no parón para a hidratación xa iban 4 arriba no marcador. A primeira metade continuou coa mesma dinámica, e grazas a unha moi boa defensa e diversos roubos de balón os de Carballo íbanse ao descanso 10-18 no marcador.

A segunda metade, e xa con 8 goles arriba, resultou máis igualada. O Reprint Arteixo apretou e conseguíu poñerse a 4 goles, pero a partires de ahí veu a resposta do Metalúrgica que con varias paradas de mérito de Xano e varios roubos de balón dos avanzados volveu poñerse 7-8 goles arriba para finalizar o partido cun 22-29 a favor.

O Metalúrgica BB finaliza así a competición nun ano onde non acompañaron os resultados pero que lles sirve aos rapaces de moito aprendizaxe para a tempada que ven.