O Montaxes Carballo Xiria convírtese en cabeza de serie para o play-off do vindeiro fin de semana

O Montaxes Carballo Xiria convírtese en cabeza de serie para o play-off do vindeiro fin de semana

O Montaxes Xiria afrontaba o partido de este domingo coa necesidade de gañar para poder ter opcións de ser primeiro de grupo e así organizar o play off que da acceso a liga ouro. De este xeito esta primeira praza era de gran importancia para este equipo.

MONTAXES CARBALLO 36 – CLUBE BALONMÁN TUI 26

O comezo do partido por parte dos carballeses non foi un comezo acorde á importancia do partido, nin acorde á imaxen que este equipo acostuma a amosar. Descoidado e pasivo nas accións defensivas e, en ataque totalmente estáticos e tan só buscando resolver mediante accións individuais. Esto facía que o Tui comezara o partido gobernando no marcador. Con todo, aos poucos o equipo carballés comezou a axustar na defensa e a conseguir pequenas continuidades no xogo de ataque que conseguía goles dende os extremos. Con traballo de bloque os carballeses conseguiron darlle a volta ao marcador conseguindo marchar ao descanso con ventaxa no marcador.

Na volta dos vestiarios o equipo carballés mostraba pequenos desaxustes na zona centro e isto facía que o Tui conseguira volver a engancharse ao partido. O equipo visitante conseguía recurtar distancias no marcador ata dous goles. Con todo, os carballeses souperon repoñerse e grazas a volver a aumentar ata o marcador final.

Esta vitoria convierte ao Montaxes en primeiro de grupo e polo tanto organizará o play off de liga ouro.

MONTAXES CARBALLO- TUI