Traballado empate do Senior B contra o Millaven Lucense

O equipo sénior B disputaba o segundo partido da tempada, partido correspondente á Copa Federación. O equipo tiña cómo obxetivo ir crecendo e adaptándose á esta esixente competición.

 BALONMAN XIRIA SENIOR B 31- MILLAVEN CP LUCENSE 31

O partido comezaba moi igualado, con ambos equipos moi intensos nas tarefas defensivas. O equipo carballés amosábase con maior soltura que no primeiro partido da tempada, e isto víase nas accións ofensivas. Grazas á intensidade defensiva e a unha certa regularidade ofensiva o equipo carballés conseguía poñerse por diante, con unha renta de dous goles que levaría ata o descanso.

A segundo metade estivo marcada por unha intensidade e contundencia defensiva alta por ambos equipos, isto facía que cada gol custase moito. Foi unha segunda metade moi competida na que as diferenzas sempre foron curtas e que se saldou con un xusto empate. Con todo, e unh bo avance para os xovenes carballeses que amosaron unha mellor imaxe que no partido anterior e que souperon competir en situacións que para eles son novas. 

SENIOR B- MILLAVEN LUCENSE