Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil feminino

O Punta del Este Xiria perde pero demostra batalla en Porriño

Na primeira metade, as xogadoras do Punta del Este presentaron unha defensa 3:3, inédita ata esta xornada no seu sistema de xogo, polo que notaron algúns desaxustes que co paso…

Na primeira metade, as xogadoras do Punta del Este presentaron unha defensa 3:3, inédita ata esta xornada no seu sistema de xogo, polo que notaron algúns desaxustes que co paso dos adestramentos irán mellorando. Pillou por sorpresas ás locais que tardaron uns minutos en reaccionar, pero a súa porteira, sobresaliente durante todo o partido, mantivo co marcador para rela ás de Carballo.

Ao descanso chegábase con 11 a 9 e todo por decidir.

Na continuación, cambiou a estratexia de ataque Porriño, e creou moitos problemas a través do lado dereito, recibindo balóns fáciles dentro dos 9 metros. O Punta del Este con problemas en defensa e atrancado na portería rival vía como se lles escapaba o resultado. Pero un tempo morto, fixo reaccionar ao equipo, que loitou ata final coas súas armas, e permitiu un marcador final de 29 a 23.

Boa progresión a do novo conxunto do Xiria, que a semana que vén empeza a Copa Federación ante o Bm Lavadores

Incidencias: Partido disputado no pavillón mpal De Porriño, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pedro Eiras e Andrea Martínez do colexio galego.

BM PORRIÑO 29 ( 11 + 18 ): Aitana Fernández, Alba Martínez, Amina Díaz, Aroa Rodríguez, Carmen Suárez, Diana Vila, Iria Benaches, Izaskun Trigo, Judit Puime, Julia Álvarez, Nerea Cano, Noa Pérez, Uxía Campos, Yara Iglesias.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 23 ( 9 + 14 ): Candela Couto, Catalina De Magalahes, Coral Ruibal, Duna Barca, Lara Hernández, Lara Souto, Leticia Santos, Lucía Lema, María Patiño, Natalia Cancela, Stefania Landri.

[ngg src=»galleries» ids=»236″ display=»basic_thumbnail»]

Máis sobre isto