Os dous equipos infantil feminino xogaron entre eles

Este sábado 13 enfrontábanse os dous equipos infantís femininos de Xiria. Era un partido especial pois este grupo de xogadoras, que adestran xuntas, tiñan que competir entre elas para conseguir 2 puntos. O partido empezou cun ritmo parecido para os dous equipos, pero pronto se impuxo o físico e experiencia das xogadoras de segundo ano. O Punta del Este distanciábase aos poucos no marcador sacando partido ás accións de contraataque. O Garaysa propoñía un ataque con movemento e en carreira, pero víanse freadas pola superioridade física da defensa. Desta maneira chegamos ao descanso con 2-19 para o Punta del Este. Na segunda parte o Garaysa ,lonxe de perderlle a cara ao partido, seguiu loitando sen baixar os brazos. Correron no repregamento e insistiron en buscar ataques aos espazos. Con esta actitude conseguiu mellorar o resultado da primeira parte.

 

O Punta do Leste suma dous puntos e seguen líderes. O Garaysa continúa coa súa progresión, se a actitude de traballo e loita se manten de seguro que chegaremos a cumprir os obxectivos desta tempada.

 

GARAYSA XIRIA 6 (2+4) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García , María Patiño, Coral Ruibal, Candela Couto, Natalia Cancela, Ana Pombo, Lara Hernández

PUNTA DEL ESTE 35 (19+16) Elena Collazo [p],  Valeria Figueroa, Lucía España, Nerea Varela, Nina Pereira, Alba García, Lara Otero, Marta Gómez, Anna Hernández, Paula Bouzas.