Primeira vitoria para o Marmolería José Rey Xiria

Tiña que ser no Vila de Noia, diante da súa afección e ante o Bm Xallas; onde o xoven equipo do Marmolería José Rey Xiria conseguise sumar os seus primeiros puntos; deixando ás claras a sua evolución.
Pero non se pode relaxar o conxunto carballés; que lle custou entrar no partido despois do parón do Nadal; e debe seguir preparándose fisicamente; para enfrontarse xa na segunda volta a equipos superiores en antropometría. O resultado de 23 a 22 final; reflicte a emoción vivida esta mañá polos dous equipos e as dúas afeccións, que animaron constantemente aos seus infantís.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros. Colexiado Pablo Manuel Barreiro do colexio galego.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 23 ( 15 + 8 ): Alejandro Vázquez [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Aaron Rodríguez, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Pedro Porteiro Erik Vázquez.

BM XALLAS 22 ( 9 + 13 ): Francisco Javier Vila, Marcos Vázquez, Joel García, Pablo Leis, Ángel Souto, Adrián Sande, Noel Otero, Daniel Vázquez, Iñaki Lois, Joel Antelo, Diego Grille.