O Grupo Lemaco cadete feminino non puido sumar os dous puntos no derradeiro encontro da tempada como local.
Recibía ó UB Lavadores no Ceip Fogar no pasado venres, un rival co que xa se enfrontou fai algunhas semanas na pista viguesa onde foi quen de gañar con autoridade. Nos primeiros compases de encontro e cunha diferencia mínima para as carballesas, as verdes sufriron o infortunio de perder a dúas xogadoras por un golpe entre elas nunha defensa, pero sobrepuxeronse a iso mantendo máxima igualdade ata o descanso(18-18).
Na segunda metade as carballesas foron liderando gran parte do choque pero un mal final de encontro permitiu ás viguesas adiantarse a falta de 30 segundos. Un gol in extremis no último ataque pechou a tempada como local con un empate a 34 tantos.
A vindeira semana, derradeira xornada, as carballesas visitan A Bombonera en Redondela na mañá do sábado


