Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil masculino

Os nervios poden co Marmolería José Rey Xiria

Na mañá do domingo o Marmolería José Rey Xiria recibía en Carballo ao Colexio Liceo, o partido empezaba ben para os liceístas, que se aproveitaban das perdas de balón locais…

Na mañá do domingo o Marmolería José Rey Xiria recibía en Carballo ao Colexio Liceo, o partido empezaba ben para os liceístas, que se aproveitaban das perdas de balón locais para empezar con vantaxe 0 a 3. A partir dese momento o Marmolería mellorou o seu xogo, traballando ben en defensa e ordenados en ataque conseguían lanzamentos cómodos; chegando ao descanso empatados 12 a 12; con todo por decidir.
Na continuación, os visitantes púñanse con vantaxe de 3 goles; volvía a desorde e perdas de balón fáciles e outra vez tocaba remontar aos do Marmolería José Rey Xiria. Os carballeses loitarían até o final, controlando o ritmo de xogo pero a figura do porteiro liceísta mantivo a vantaxe para que os dous puntos se fosen de Carballo.
Os xogadores do Marmolería deberán de saír aos partidos máis tranquilos e centrados no seu xogo porque cando o fan son un equipo perigoso e difícil de bater. A madurez deportiva chegará co paso das xornadas e o traballo físico favorecerá á hora de mellorar o lanzamento.

Na seguinte xornada o Marmolería José Rey Xiria, viaxará a Lugo para enfrontarse ao Lucus Recambios Infra.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia cunha entrada de 100 seareiros. Colexiado: Pedro Bermúdez Calvo do colexio galego. / 7 metros: Marmolería José Rey Xiria 4/5 // Colexio Liceo 2/4.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 21 ( 12 + 10 ): Darío Calviño [p], Andrés García (1), Alex Puñal, Anxo Canosa (7), Martin Fuentes (4), Asel Cambón, Juanma Fajardo (2), Alberto Suárez (1), Pablo Esmoris (2), Esteban Puñal (4).

COLEGIO LICEO 24 ( 12 + 12 ): Pablo Fernández (2), Mateo Díaz (10), Xoel Garrido, Mario Baños (1), Guillermo Briontes (2), Jorge López, Iago Gerpe (2), Bernardo Quindimil (2), Diego Minez (3), Iago Chao (1), Daniel Parente, Senen Garea (1).

img_6201 img_6202 img_6203 img_6204 img_6205 img_6206 img_6207 img_6208 img_6209 img_6210 img_6212 img_6213

Próximo partido

Máis sobre isto