Bo partido do Xiria A en Culleredo
O Xiria A de categoría alevín, deixou unha moi boa imaxe na segunda xornada da competición de liga de balonmán 7. Os mozos xogadores carballeses, que están a progresar semana…

O Xiria A de categoría alevín, deixou unha moi boa imaxe na segunda xornada da competición de liga de balonmán 7. Os mozos xogadores carballeses, que están a progresar semana a semana, deixaron constancia dun notable carácter competitivo e dunha entrega encomiable, ademais de evidenciar uns conceptos balonmanísticos interesantes. Nun difícil compromiso contra un forte rival, como o é o BM.Culleredo, os de Xiria deron a talla e o novo grupo de Carballo, formado en gran parte por xogadores de primeiro ano, estiveron á altura da esixente confrontación. O encontro comezou moi igualado no primeiro tempo (4-4) con alternativas no marcador, para dar Paso a un segundo acto onde os locais dominaron con distancias curtas pero que ao cabo foron suficientes como para imporse por 5-2. As dúas últimas partes do partido foron onde se estableceron as maiores diferenzas e onde cada un dos dous equipos dominaron dez minutos de cada tempo con maior autoridade. O Xiria mostrouse como un gran grupo, un conxunto de mozos carballeses que están a progresar de forma brillante e que, por tanto, apuntan a un futuro ilusionante dentro da entidade bergantiñá.
- Culleredo – Xiria A:
Primer tempo: 4 – 4
Segundo tempo: 5 – 2
Tercer tempo: 7 – 0
Cuarto tempo: 2 – 8
Polo Xiria A xogaron:
Manuel García, Manuel Rey, Alex Vázquez, Pedro Porteiro (3), Oscar Tasende, Eric Vázquez (4), Samuel Veiga (4), Alex Tato, Angel Viña (3), Miguel Cambón, Miguel Pérez.


