Partidos estelares en senior e comezo da competición alevín e benxamín BM5

O Calvo Xiria afronta un partido complicado esta fin de semana na pista do lider invicto, o embutidos Lalinense. O maxestoso Lalín Arena será testemuña unha vez máis dun enfretamiento xa clásico nos últimos anos polos postos altos da clasificación e aínda que nesta ocasión a diferenza de puntos é maior que en anteriores tempadas, os dezáns terán que realizar un gran labor durante os sesenta minutos para impoñerse a un Calvo Xiria que sempre saca o mellor de se nas grandes citas. Os carballeses deberán de volver asentarse na parcela defensiva ante un conxunto con multiples solucións no seu ataque e mellorar as súas prestacións no posicional para impoñerse nunha pista que xa conquistou en tempadas anteriores. O Calvo Xiria afronta este encontro contra o lider como o mellor revulsivo para romper a súa serie negativa de resultados, xa que unha vitoria contra o Embutidos Lalinense, pode ser unha inxección de moral e anímica moi importante.

Outro duro enfrontamento é o que asumen as mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo e é que aproveitando o día festivo recibirán o Venres ás 19:15 no pavillón do CEIP Fogar ao equipo Cies Obra Civil Balonmán Chapela, un conxunto que o pasado ano militaba nunha categoría superior e que nestes momentos sitúase un posto por baixo das carballesas na táboa clasificatoria. Os dous conxuntos chegan a este partido con tres vitorias na súa marcadora, co que a competencia por distanciarse do seu rival prevese encarnizada. As mozas do Goldie Xiria Carballo Turismo deberán de asinar sesenta minutos sen altibaixos onde a intensidade e a concentración da súa retagarda marque o ritmo do partido e permita desenvolver todo o potencial que este conxunto poida dar na primeira e segunda onda do contragolpe. No ataque posicional, todo pasará polo xogo colectivo e onde o balón teña claro protagonismo en canto á circulación e á velocidade desenvolta na mesma.

No que respecta a as categorías de base, mañá Xoves xogarase o derbi infantil de 2ª División entre o Metalúrgica BB Xiria e o BM Camariñas JJ. Chicolino ás 19:15 no pavillón do CEIP Fogar. Dura proba para os de Carballo ante un conxunto que o pasado ano conseguíu o campionato provincial en categoría alevín e que completa un plantel con calidade e moi competitivos.

En categoría alevín e benxamín, comeza a competición de BM5 e ao longo destes días xogaranse varios encontros aproveitando a festividade de defuntos. Os partidos comezarán este mesmo mércores onde os de Xiria teñen varias citas, tanto en casa como fora e o calendario da xornada será o seguinte:

Liga Alevín 5, x.1. Grupo Norte 1

Club Deportivo Concello de Zas – Lista Xiria  (mércores 29/10, 19:00 pavillón Municipal de Zas).

Laber Xiria – Garaysa Xiria (mércores 29/10, 17:30, pavillón Ceip Fogar, Carballo).

Liga Alevín 5, x.1. Grupo Norte 2

Grupo Lemaco Xiria – Telepizza Carballo Xiria (mércores 29/10, 18:15, pavillón Ceip Fogar, Carballo).

Liga Benxamín 5, x.1. Grupo Norte 1

Mr. Nutrición Xiria – Balonman Xallas FC (APRAZADO)

7Metros Xiria – Óptica Auris Xiria (mércores 29/10, 17:30, pavillón Ceip Fogar, Carballo).

 

Liga Benxamín 5, x.1. Grupo Norte 2

TLM Xiria – Aislamientos San Juan Xiria (mércores 29/10, 18:15, pavillón Ceip Fogar, Carballo).