O Goldie Xiria Carballo Turismo consegue a vitoria tras unha segunda parte sublime

O Goldie Xiria Carballo Turismo, conseguíu a terceira vitoria consecutiva e nesta ocasión fíxoo no seu feudo ante un bo conxunto que o pasado ano militaba nunha categoría superior, o Cies Obra Civil Balonmán Chapela.
 
O partido daba comezo na tarde de onte Venres, aproveitando a festividade da data e facíao coas locais moi concentradas e despregando un traballo moi serio a nivel defensivo. Tras uns primeiros minutos de igualdade, as de Xiria tomarían o mando aínda que con diferenzas moi curtas no marcador. As redondelanas permanecían á espreita e aproveitarían os primeiros erros e lagoas do seu rival para conseguir un parcial de 0-3 que lles daría vantaxe cando quedaban 5´ para concluír o primeiro acto (8-10). Xa nada cambiaría antes do tempo de descanso (9-11) e ao Goldie Xiria Carballo Turismo tocaríalle remar os segundos trinta minutos para apoderar dos dous puntos en xogo.
 
As Bergantiñás superaron todas as expectativas na continuación e é que apoiadas nunha retagarda infranqueable, coa axuda dunha inconmensurable Nadia en portería, chegarían a desesperar ás xogadoras de ataque do Balonmán Chapela, ao momento, que o conxunto visitante só conseguiría seis goles neste segundo tempo.
 
Rápidas transicións a partir do acerto defensivo romperían o partido a favor das de Carballo, que no minuto corenta xa dominaban por un global de 14-12. A partir deste instante, o dominio absoluto do Goldie traduciríase co paso dos minutos en vantaxes máis amplas, que finalizaría na cúspide co 24-17 final, un resultado traballado ante un moi bo rival, que reforza a autoestima e a ilusión das de Carballo para seguir crecendo en canto á súa competitividade.
 

Goldie Xiria Carballo Turismo: 24 (9+15). Nadia Vázquez (p), Sara Pose (p), Carla Santiago (1), Elba Pérez, Aida Vizcaino (3), Mina Ribullen (5), Tamara Pombo (1), Laura Barbeira (4), Minia Calvo, Jessica Posse, Natalia Solís, Alba Rodríguez (3), Elena Segade, Sheila Ferreiro (4), Raquel Gómez (3).

Cíes Obra Civil Balonmán Chapela: 17 (11+6). Rosalía Santomé (2), Rebeca Mateos (1), Paula Fontán, Antea Bugallo (4), Sandra Piñeiro, Zulema Suárez, Alba Silva, Andrea Cadenas (1), Raquel Santos, Carmen Pereira (5), Cristina Rodríguez (1), Sara Gil (1), María Pérez, Alba Fdez (2).

Colexiados: Pablo Torreiro e Iván Hernández. Estiveron ben en liñas xerais.

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-3 / 7-6 /8-7 / 8-10 / 9-11 – Descanso – 12-12 / 14-12 / 16-13 / 19-15 / 21-16 / 24-17 – Final.

Incidencias: Encontro correspondente a sexta xornada da 1ª autonómica feminina disputado no pavillón do Ceip Fogar o pasado venres. Afluencia notable de público que enchíu as bancadas do pavillón colexial.