Partidos importantes para os equipos senior de E.BM.Xiria

O Calvo Xiria retoma a competición despois do parón do Nadal cun calendario onde a priori xogaranse parte importante das súas aspiracións futuras, xa que se enfrontarán aos seus tres máximos rivais na clasificación e haberá enfrontamentos directos entre os catro conxuntos de arriba. Para empezar, este próximo Sábado ás 20:00 h recibirá no Vila De Noia ao Unión Financera de Oviedo, cuarto clasificado a catro puntos dos de Carballo. O encontro baixará o pano da primeira volta e os de Xiria necesitan os dous puntos para seguir aspirando ao primeiro posto e impedir que o seu rival se meta de cheo na pelexa. Será unha empresa complicada ante un rival intenso en defensa e cun xogo veloz e vistoso no posicional, con grandes xogadores en todos os postos, cun nome para destacar como é o do ex Asobal Nacho Huerta.

O Goldie Xiria prepara a volta do nadal con dobre partido. O primeiro será o venres ás 21:30 en Carballo contra o xoven equipo da S.A.R Ledisson. Importante atopar sensacións competitivas, e recuperar o ritmo de xogo para afianzar a boa primeira volta do equipo. En segundo lugar, o sábado viaxará ata Ourense para enfrontarse ao Nova Xestión Pavillón, ás 19:00 nos Remedios. O partido correspóndese á primeira xornada da segunda volta, e antóllase importante para a clasificación final; xa que os dous conxuntos marchan nos postos altos da táboa. Unha fin de semana completa para o equipo, e que afronta con moitas ganas de conseguir bos resultados e seguir na pelexa.

Xa en base, os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria de División De Honra viaxan ata Vigo para enfrontarse a os conxuntos xuvenil, Cadete e infantil da AD. Carballal. Serán encontros moi complicado ainda que ilusionantes:

Será un duro examén para o Laber Xiria no comenzo da segunda volta da Liga de División de Honra, xa que o AD Carballal, lidera a clasificación xunto co Seis do Nadal. A consigna para poder estar dentro do encontro será non perder moitos balóns no ataque e estar rápidos no repliegue defensivo, a efectividade no lanzamento a portería e a resposta dos porteiros do Laber, serán outras da claves para poder apremar ao rival. O encontro será o Sábado as 10:30 no pavillón Loureiro.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria xogan na quenda das 11:45. Os dous equipos van empatados na segunda posición; polo que se espera un partido igualado, e que o decidirán os pequenos detalles. Os de Carballo deberán axustar o bloque defensivo na zona central e conseguir goles fáciles ao contraataque, tanto en primeira, como en segunda onda para conseguir a vitoria.

No caso dos infantís, parece tamén, como no caso dos xuvenís, unha empresa máis complexa si cabe, xa que os olívicos ocupan o terceiro posto da táboa clasificatoria con dezaoito puntos por seis dos carballeses,, que se sitúan no noveno posto, pero os xogadores que dirixe Brais Puñal, queren facer un partido completo e tentar dar a sorpresa no primeiro partido do ano. O encontro será as 13:00h, xusto despois dos cadetes.

Pola súa parte, o Punta del Este Xiria feminino, recive na casa o SAR Ledisson, o encontro terá lugar o sábado 12/01 as 10:30 no pavillón CEIP Fogar. Comeza a segunda volta da liga DH infantil feminino e as do Xiria están mais concentradas que nunca a mellorar os resultados da pasada volta. O bo traballo que están a realizar nos adestramentos e que foron demostrando nos partidos, deixan claro que nesta volta van a seguir loitando cada partido ata o final. Esperase un encontro igualado, ainda que as do SAR vaian de quintas e as do XIRIA de décimas, non ten nada que ver. As do Punta del Este Xiria houbo partidos nos que lle puxeron as cousas moi difíciles a equipos que agora mesmo se atopan na parte alta da táboa.

En 2ª División, as cadetes femininas do Xiria Hierros Varela Urbieta, xogarán un amigable en Ourense fronte ao conxunto do Nova Xestión Pabellón. O encontro dará comenzo as 17:30h do Sábado no pavillón dos Remedios.

Os infantís do Marmolería J. Rey, Recibe ao Bm. Culleredo ConstruPereiro o Sábado as 12:00h no pavillón do Fogar en Carballo.

Por último, a xornada 4 de BM5 na categoría Alevín e Benxamín, desprazase a Santiago, concretamente ao pavillón Quiroga Palacios e depara os seguintes enfrontamentos e horarios:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa:

– Ribadosar.es – Xiria Grupo Lemaco, 10:00
– Xiria Lista – CD Concello de Zas, 10:50
– Xiria Garaysa – Xallas, 11:40
– Xiria Laber – Ribadosar Alca, 11:40
– Xiria Telepizza Carballo – Muxía, 12:30

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa:

– CD Concello de Zas – Xiria Aislamientos San Juan, 10:00
– Xiria Mr Nutrición – Ribadosar Alca Omega, 10:50