Pleno para o Goldie Xiria Carballo Turismo

O noso equipo senior feminino desprazábase a Lugo tralo encontro aprazado da pasada semana nun partido trampa, xa que o equipo tan só levaba disputado un encontrado antes da cita desta fin de semana.

Coas baixas de Carla e Mina, o encontro serviu para que outras xogadoras se repertisen máis minutos e también foi a oportunidade perfecta para que a xuvenil Marta Gómez debutase con boa nota e durante moitos minutos nesta xornada. O partido, a pesar do corto marcador, foi sempre dominado polas carballesas que se mantiveron os 60 minutos por diante no electrónico, pero a falta de acerto e certa relaxación nalgúns compases impediron unha vitoria maior.

O Goldie remata novembro invicto con vistas a un próximo mes frenético no que se empezan a acumular encontros aplazados e onde a competición empeza a esixir cada vez máis, pero as nosas xa levan demostrado que con concentración son un equipo capaz de loitar con calquera e esta próxima semana, durante a ponte, mediránse non dobre encontro ó Bm Pabellón de Ourense.

Millaven Centro Jardín CP. Lucense (7+11): 1. Nerea Castro, 53. Eva Bernardez (3), 10. Gloria García (5), 33. Tania Carrete (1), 8. Lucía Rego, 12. Oliva Rego (1), 62. Cristina Seijas (1), 20. Iria Real, 26. Alba Ferreira (3), 3. Jimena García (3), 18. Alba Puertas (1).

Goldie Xiria Carballo Turismo (10+12): 1. Nadia Vázquez, 2. Juana Garrochena (1), 6. Aída Vizcaíno (5), 7. Marta Gómez, 10. Tamara Pombo (2), 12. Sara Pose, 13. Minia Calvo, 14. Jessica Posse, 15. Natalia Solís (1), 19. Alba Rodríguez (1), 21. Maura Fernández, 23. Elena Segade (4), 24. Sheila Ferreiro, 26. Raquel Gómez (8), 27. Lara Otero