O Hierros Varela Urbieta sofre a primeria derrota da tempada

Os nosas rapazas desprazáronse o sábado á Coruña, tralo último punto conseguido a pasada semana, coas esperanzas de volver cos dous puntos a Carballo e manterse na cabeza da táboa no seu grupo, pero desta vez non foi así.

A pesar dun bo comezo das nosas con moi boas accións defensivas e un ritmo rápido no ataque que obrigou a pedir un tempo morto das locais, os últimos dez minutos da primeira metada tiveron cor claramente violeta e chegouse ó descanso coa máxima diferenza no marcador (15-9).

Á volta á pista, os esforzos do Xiria parecían en balde por mor dos lanzamentos errados, pero as carballesas estaban a ser as claras dominadoras do encontro e chegaron a empatar (23-23) a falta de só 5 minutos para o final. O nerviosismo nos intres finais e as imprecisións visitantes propiciaron a vitoria das coruñesas que lideran a clasificación seguidas das nosas rapazas.

Cunha semana sen competición, quedan só dúas xornadas, ambas ante o Bm. Línea 21, para rematar a primeira fase da competición e as nosas xogadoras seguen aspirando a todo. 

BM Brigantium (15+12): Marina de Alfonso, Irene Pacheco, Marta Franco 1, Eva Martínez 2, Laura Rodríguez 2,Martina Regueiro, Lucía Rodríguez 6, Iria Li Río 1, Natalia Méndez 6, Sara Fuentes, Celia Fuentes 6, Yaiza Cillero 1, Britnney Altagracia, Victoria Gómez 2, Natalia Martínez.

Hierros Varela Urbieta Xiria (9+16): Elena Collazo (p), Lucía Lema (p), Nina Pereira 2, Nerea Varela 9, Valeria Figueroa, Nerea Pose, Marta Gómez 7, Lara Hernández 1, Natalia Cancela 2, Lara Otero 3, Lara Souto, María Patiño 1, Duna Barca.