Preinscrición Campus de Tecnificación 2020

Nas Escolas Balonmán Xiria somos conscientes da necesidade de organizar o Campus de Tecnificación 2020, pola importancia que este ten para a mellora continua dos nosos xogadores e xogadoras e para a propia entidade. Como é habitual, desenvolverase nos meses de xullo e agosto de 2020. Dadas as especiais circunstancias que rodean a edición de este ano a súa celebración está condicionada á obtención dos correspondentes permisos das administracións competentes.

Haberá límite de prazas, e estas serán asignadas por orde de chegada.

Na Preinscrición do Campus de Tecnificación 2020 non se esixirá abono algún, unha vez rematado este período, abrirase un novo prazo para confirmar as inscricións e realizar os ingresos, xa xestionadas as autorizacións correspondentes.

Será un reto difícil pero coa colaboración das familias debemos ir recuperando a normalidade.