Previa 4-6 novembro

1ª Estatal

O Calvo Xiria buscará poñer fin ao refacho de resultados polos que atravesa á conta do Automania Luceros. Dous equipos cun xogo alegre e atractivo que darán dinamismo ao encontro. Cada defensa positiva, cada perda de balón, cada gol; transformarase inmediatamente en contras; para as que terán que ter ben estruturado o balance defensivo. O Calvo Xiria necesita ser forte mentalmente e seguir na liña de traballo trazada para tratar de pelexar pola vitoria ante un rival competitivo como o é Luceros. O partido disputarase o sábado ás 20:00, no Vila de Noia. O público ten que ser un xogador máis nestes momentos.

1ª Autonómica Feminina

O Calvo Xiria; ten a mirada en Novo Mesoiro; para xogar o domingo ás 12:30 contra o Brigantium. As xogadoras de Manu López; están concentradas nas tarefas que as están levando ata o momento ao liderado da competición. Queren continuar e progresar, e son conscientes de que hai que manterse regulares nunha liga que cumpriu o primeiro terzo da tempada. Brigantium progresou con respecto á tempada pasada; e cultivou bos resultados que outorgan confianza ao traballo que veñen desenvolvendo. Será un partido interesante para ver que nos propoñen os dous equipos.

Categorías Base: Liga Ouro

Hierros Varela Urbieta Xiria xoga o venres no Gatañal ás 18:00, contra Escayolas Miguel Santos Bm Cangas. Un partido desigual xa que as locais son favoritas ao título galego, cunha composición de equipo na súa maioría de xogadoras de segundo ano. ALS Xiria A e Nordata Xiria viaxarán o sábado para xogar ás 11:15 e 12:45, contra Upi Informática Lalín e Coretí Lalín, respectivamente, na sempre difícil pista do Lalín Arena. O domingo ás 10:30 o Garaysa Xiria e ás 12:15 o Grupo Lemaco Xiria A, xogarán no Ceip Fogar contra Sar de Redondela.

Categorías Base: Liga Prata

ALS Xiria B, recibe o sábado ás 17:30 no Vila de Noia ao CB Apartamentos TurisViveiro. Grupo Lemaco Xiria B viaxa ata Culleredo para xogar no pavillón de Almeiras á 13:00 contra Bm Cullleredo Galaico Caravaning. Mentres, Punta del Este Xiria terá que desprazarse ata Lugo, para xogar na Casa do Deporte ás 12:15 contra Millaven Centro Xardín Cp Lucense. Garaysa Xiria B, xoga ás 12:00 no Vila de Noia contra Bm Abegondo Todo Deporte. O domingo Tubasys Xiria viaxará ata Vigo para xogar ás 11:30 contra U.B. Lavadores.

Por último, fan a súa aparición en competición os equipos de alevíns de Escolas Balonman Xiria. Xogarán o sábado. Reneymar Xiria B farao como visitante, no San Francisco Javier ás 12:45 contra o Oar Coruña 1952. E como locais, no Ceip Fogar ás 10:00 Reneymar Xiria A contra Bm Culleredo Ascor Consulting e ás 11:00 ALS Xiria enfróntase ao Bm Culleredo Cristalería Gestal. No Vila de Noia, ás 10:30 Garaysa Xiria enfróntase a Cp Lucense.