O ALS A VENCE NOS INTRES FINAIS DUN PARTIDO MOI COMPETIDO

UPI INFORMÁTICA LALÍN 27 – ALS XIRIA A  28

O ALS A chegaba á sempre difícil pista do Lalín Arena co obxetivo de poder sacar algo positivo e continuar así con unha liña ascendente. O ALS coñecedor da importancia de poder sumar puntos nesta liga tan competida sabía da importancia de manter a concentración durante todo o encontro.

O comezo do partido por parte dos carballeses foi moi frío. Con pouca contundencia na defensa, e sen ningún tipo de axudas entre compañeiros, deixando así a zona central moi desprotexida. Na faceta ofensiva non estaba a ter acerto, pero sí que estaba a conseguir situacións claras de gol aínda que con pouco acerto dende 6 metros. En canto ao ataque sí que conseguía romper a defensa lalinense cos lanzamentos de 9m de gran riqueza técnica. Con todo, os carballeses conseguiron mellorar en algo que se lles viña pedindo e foi a continuidade, a pesares de non estar a facer o seu mellor encontro seguiron a pelexar e conseguiron aumentar o nivel defensivo e na portería. De este xeiton conseguína darlle a volta ao marcador e colocarse con dous goles de ventaxa ao descanso 15-13.

Con todo no inicio da segunda metade o ALS voltaría a ter problemas na defensa, con un par de situacións nas que o equipo lalinense conseguía facer moito dano. No ataque, a defensa presionante de Lalín facía que os carballeses comezaron xogando lonxe da portería e que tiveran que traballar moito no ataque para chegar a zonas de peligro. Foi así cómo transcurriu unha segunda parte moi igualada. Con todo, chegábase aos intres finais con unha pequena ventaxa para os locais, foi ahí cando os carballeses mantiveron o mesmo nivel e conseguiron loitar ata o final para conseguir darlle a volta e ganar o partido marcando gol na última xogada do partido. Resultado final 27-28.