Previa da xornada 11-13 marzo

1ª Nacional  

Segundo partido consecutivo para o Calvo Xiria como local. Desta volta visita Carballo o Rodosa Bm. Chapela que ven de conseguir a súa primeira vitoria da tempada diante do poderoso Bm. Ingenio. O cadro visitante nada ten que ver co equipo da primeira volta e os resultados dos partidos  así o demostran. Quérense agarrar á categoría e cada punto é clave. Pola súa banda; o Calvo Xiria  que tamén vén de gañar a un dos equipos fortes da liga; quere seguir mostrando a melloría no seu  xogo; deron un salto cara adiante tanto en defensa como en ataque e xogar diante da súa afección  sempre é un plus. Traballan para ser constantes durante os 60 minutos, que será unha das chaves do  partido. Manterse fieis ao seu xogo e xogar concentrados o máximo tempo posible ante un rival que  pelexará ata o asubío final. O partido disputarase o sábado ás 20:00 no Vila de Noia.  

1ªAutonómica Feminina  

Dobre xornada para o Calvo Xiria. O sábado ás 17:00 en Moaña contra S.d. Samertolameu e o  domingo ás 18:00 contra A.d. Carballal no Vila de Noia. Dous compromisos diferentes pero sempre  complicados neste grupo polo título. Moaña un equipo máis experimentado que se coñecen á  perfección e Carballal un equipo máis novo pero que veñen traballando xuntas desde hai varias  tempadas. O espírito de loita e a evolución en ataque do Calvo Xiria serán fundamentais á  hora de decidirse os puntos en xogo.  

Categorías Base; Liga Ouro  

O venres ás 20:00 no Ceip Fogar o Grupo Lemaco Xiria A enfróntase ao Pizzería Baratto Bm Cangas Luceros, Dous puntos importantes para ambos os conxuntos que marchan terceiros e  quintos, respectivamente.  

O Hierros Varela Urbieta Xiria xoga no Ceip Fogar o sábado ás 10:30 contra Vitaldent Bm Cangas.  Un dos rivais fortes da categoría e que poñerá en serios apuros ás nosas, que este ano xa deron  algunha sorpresa aos equipos punteiros.  

Penúltima xornada para o Laber Xiria A, que quere agarrarse ás súas posibilidades de quedar na  quinta posición e para iso necesita gañar a SAR o sábado ás 11:30 en Redondela.  O Punta del Este Xiria A mide o seu fantástico refacho de resultados diante do Ub Lavadores Vigo.  O partido disputarase o domingo ás 12:15 no Ceip Fogar. Por último, o Garaysa Xiria ten dobre  xornada como local no Ceip Fogar. O sábado ás 12:15 mídese ao Bm Cangas e o domingo ás 10:30  ao Cp Lucense. Gran fin de semana para medir as súas aspiracións na liga Ouro.  

Categorías Base; Liga Prata  

O Grupo Lemaco Xiria B, estréase na segunda fase ante o Acanor At Novás, o sábado ás 12:00 no  Ies Monteneme. Tócalle madrugar, ao Laber Xiria B, que o domingo xoga contra Rodespi Bm Cañiza ás 10:00 no Polvorín. Punta do Leste Xiria B, xogará o domingo ás 10:30 en Pontevedra,  contra Sd Teucro.  

Categorías Base; Alevín 7  

O Laber Xiria xoga o sábado ás 12:15 no pavillón Valle Inclán de Oleiros, contra o Club Balonmán  Atlántico. Con este partido péchase a primeira fase. 

Categorías Base; Alevín 5 e benxamín 5  

Insplaber Xiria e Bm Camariñas A, xogan o sábado ás 10:45 no Colexio Liceo La Paz. Mentres  Reneymar Xiria e Miniculleredo Cristalería Gestal xogan en Tarrío ás 11:30. Telepizza Xiria e Maquisaba Xiria B, enfróntanse o venres ás 16:30 no Ceip Fogar. Maquisaba Xiria A xoga contra Bm Línea 21 ás 10:00 no Colexio Liceo La Paz e Óptica Auris Xiria xoga no  San Franscisco Javier o sábado ás 10:30 contra o Oar Coruña.