Previa do 21-23 de outubro

1ª Estatal

Volve o Calvo Xiria ao seu curro. O Vila de Noia acollerá o sábado ás 20:00 o duelo contra Granitos Ibéricos Carballal. Non colle por sorpresa que os de Vigo vaian segundos na táboa e sexan un dos equipos máis en forma da categoría; na súa aposta por manter o bloque das últimas tempadas. O Calvo Xiria recibiu boas noticias esta semana, en forma de alta deportiva e veremos a Antonio Calvelo dentro da convocatoria, recuperado da lesión que se produciu, nun dos partidos amigables da pretemporada. Un dos obxectivos que deberá cumprir esta semana o Calvo Xiria, para tratar de lograr a vitoria é recuperar a confianza no seu xogo. A semana de adestramentos foi positiva e o equipo respondeu ben ao mal partido da xornada anterior. Desexamos que a afección siga apoiando tal e como o vén facendo ata o momento, xa que este é un gran partido ao que o equipo quere responder coas máximas gañas.

1ª Autonómica Feminina

Tócalle madrugar ao Calvo Xiria, que disputará o seu partido, o domingo en Vigo, ás 10:30 no pavillón As Travesas; contra o Balonmano Reconquista. Os dous equipos marchan empatados a puntos como segundos e terceiros, respectivamente. Partido emocionante entre dous equipos con experiencia neste tipo de enfrontamentos. Quen consiga ser máis regular ao longo dos 60 minutos, será o que se leve o gato á auga.

Categorías Base: Liga Ouro

ALS Xiria ten derbi provincial na Coruña hoxe venres ás 20:00, contra o Oar; na que será a xornada 3 da liga Ouro. Causan baixa Erik Vázquez e Dani Belo ambos lesionados no partido anterior; polo que Brais Puñal completa a convocatoria con algún xogador cadete. Hierros Varela Urbieta Xiria xogará o domingo ás 16:00 no pavillón Ceip Fogar contra Sar Rodavigo. Os equipos contan ata o momento cunha vitoria e unha derrota na súa marcadora. Tamén esta fin de semana dará comezo para infantís e cadetes a liga Ouro. As infantís do Nordata Xiria xogarán tamén contra Sar Rodavigo; pero farao o domingo ás 12:15. Garaysa Xiria enfróntase a un dos favoritos esta tempada Vayro Lalín, o sábado ás 10:30 no Ceip Fogar. Pola súa banda, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria A xogarán contra o Bm Tui, tamén, o sábado ás 10:30 pero no Vila de Noia.

Categorías Base: Liga Prata

Na segunda categoría do balonmán base, o ALS Xiria B, enfróntase ao Galitrans Bm Pontedeume o sábado ás 12:15 no Vila de Noia. Os dous equipos buscan a primeira vitoria da tempada. Garaysa Xiria B, debutará o sábado ás 12:10 contra o Bm Ribadosar no pavillón Ceip Fogar. O último equipo en debutar, en liga será o Punta del Este Xiria que o fará a domicilio no pavillón de Almeiras, contra o Bm Culleredo Sutenor, o domingo ás 11:30.