O Tubasys Xiria competirá na Liga Prata

O Tubasys Xiria participará nesta tempada na Liga Prata despois do fin de semana no Play Off de Porriño, onde non puideron sumar ningunha vitoria.

As carballesas, despois de caer con claridade ante os dous equipos favoritos no grupo, e clasificados para a Liga Ouro, o Bm. Porriño(31-12) e a UB Lavadores(24-12), pechaba a sua fase con unha derrota ante a SD Teucro(29-26), nun partido xa sin nada en xogo.

O Tubasys Xiria prepárase xa para comezar a Liga Prata con toda a ilusión e o obxectivo de seguir consolidando o proxecto da sección feminina.