Gran vitoria das Infantis de Liga Ouro ante o equipo cangués nun partido moi disputado que puido caer de calquera dos dous lados.
Os nervios afloraron desde o primeiro momento onde as pontevedresas saíron máis confiadas nas súas opcións e aproveitaron os erros locais para abrir a primeira brecha no encontro (1-4, min.5). Un tempo morto neses intres recolocaron as cousas para o Nordata Xiria que entrarían no encontro ata voltear o marcador e dominar a primeira metade (12-10).
Na segunda metade, os intercambios foron constantes e cobraron gran importancia as intervencións na portería, factor importante no resultado final. Ante un gran ambiente na grada e unha situación adversa nos derradeiros catro minutos, xa que as carballesas perdían por dous tantos (21-23), un arreón final das de Zarra decantaron a vitoria por un axustado 24-23.
O Nordata Xiria comanda a Liga Ouro con cinco vitorias en outros tantos encontros, na espera da súa visita na próxima xornada ao Bm. Carballal, terceiro clasificado.