O LABER XIRIA XOGARÁ EN LIGA OURO LOGO DUN PELEXADO PLAY-OFF

O Laber Xiria disputaba esta fin de semana ( viernes ás 20:30h, sábado ás 12:30h e domingo ás 12:15h) o Play-off para poder xogar en división de honra (Liga Ouro) na presente temporada. O grupo no cal competía o Laber cómo cabeza de serie era o grupo máis complexo dos 6 existentes. De este xeito, o Laber Xiria iba a ter que disputar un dos obxetivos importante da tempada nunha difícil fin de semana.

LABER XIRIA A 30 – TEUCRO AyF CORREDURÍAS 22

O Laber saliu a este partido contra un histórico cómo é a SD. Teucro con moitos nervios, e isto facía que non fose capaz de alcanzar o seu estilo de xogo na defensa e sobre todo no ataque, moi estático e moi directo nas súas accións. Sin embargo, co paso dos minutos o equipo foise asentando e grazas ás labores en defensa conseguía poñerse por diante no marcador chegados aproximadamente aos 10 min de partido. A partir de ahí e grazas a frescura que deron as rotacións o Laber comezaba a marcar o seu ritmo. 

Na segunda metade a pesares de algún altibaixo o Laber conseguiu ir mantendo as distancias no marcador e irse distanciándose aos poucos ata chegar ao resultado final de 30-22.

AD CARBALLAL BALONMANO 25 – LABER XIRIA A 28

O Laber chegaba ao segundo partido con folgos despois de vencer no primeiro partido do play off pero tamén con gañas de mellorar a imaxen do partido anterior en certos momentos do encontro. O Laber saliu ao partido falto da intensidade e confianza precisa para estos partidos e debido a iso tivo que comezar o partido remontando unha ventaxa que conseguía lograr o equipo de Carballal. Sen embargo co paso dos minutos e grazas á fortaleza da defensa o Laber lograba poñerse por diante do marcador e lograr unha ventaxa de 11-15 no marcador.

Á volta dos vestiarios o equipo lonxe de poñer terra de por medio e levar o partido xa encamiñado saliu falto de ideas. Isto fixo que a ventaxa que conseguira na primeira metade pouco a pouco se fora reduncindo, sen embargo grazas a unha serie de boas defensas acompañadas de exitosos contraataques o Laber conseguía poñer distancia no marcador, distancia que lle faría ter un marxe para os últimos minutos do encontro.

 

LABER XIRIA 30- CARBES DO RIBEIRO OURENSE PROVINCIA TERMAL 29

O Laber chegou a este partido con verdadeiras fame de gañar, moito máis intenso dende os primeiros compases do partido que nos partidos anteriores, con unha defensa moi intensa e ofensiva. No que se refire ao ataque un maior criterio á hora de tomar decisións e conseguindo correr con maior acerto facía que a primeira parte fosen os mellores minutos do Laber neste play off chegando así ao descanso con 17-11 no marcador. 

Cando todo parecía de cara o Laber na segunda parte as cousas tornaron. O Laber non conseguía frear os 1vs 1 do carnes do ribeiro e en ataque atopábase máis atascado e nas accións ben prantexadas con falta de acerto de cara a gol. Foi así como o partido aos poucos se igualou. O Laber estaba a pasar un momento polo que non lle saía nada, e o Ribeiro chegou a poñerse por diante. Foi ahí cando o Laber sacou forzas de fraqueza e, con garra e a afección empuxando dende a bancada conseguiu darlle a volta ao resultado nun vibrante 30-29 final.