Primeiro derbi entre Conservas Boya Camariñas e Calvo Xiria

O primeiro derbi da tempada disputarase mañá Venres no pavillón O Areal de Camariñas. O día festivo servirá para presenciar un dos grandes eventos da comarca na 1ª nacional de balonmán (18:30 h).

Os locais, o Conservas Boya Camariñas, sempre se mostrou como un equipo notablemente competitivo, cun xogo rápido e vistoso onde o colectivo supera ás individualidades. O Calvo Xiria nunca o tivo fácil e xa na competición da tempada pasada tivo que traballar ata o último minuto dos partidos para impoñerse ao bo xogo dos camariñáns. O conxunto local tentará sumar os primeiros puntos da tempada e pola súa banda, os de Carballo, buscarán dous novos puntos que lles manteñan nos postos altos da táboa. O encontro, a recado, contará cun magnífico ambiente nas bancadas, entre o colorido e a animación dos Boya Blues e os seguidores que se despracen desde Carballo.

Pola súa parte e tamén neste Venres de festividade as 12:00h no Vila de Noia, veremos de novo en acción ao Goldie Xiria, que se enfrontará ao Bm Tui. As bergantiñás, con bo ritmo de traballo, esperan obter un bo resultado na casa; para iso, necesitan o apoio da afección e consolidar o traballo defensivo. Dous factores fundamentais para poder lograr a vitoria. De seguro, veremos un bo encontro en Carballo.