O Punta del Este Xiria despídese de Carballo puntuando.

O partido entre Punta del Este Xiria e S.D. Teucro presentábase a priori igualado pois ambos equipos se atopaban cos mesmos puntos na táboa clasificatoria. Durante a primeira metade a falta de firmeza na defensa local facilitaba o ataque pontevedrés que se atopaba fácilmente con ocasións de gol. Iso sumado aos erros de lanzamento das rapazas do Xiria deixaban ver un dominio claro do xogo por parte das visitantes chegando ó descanso cun 8-12.

No segundo tempo, as locais reaxustaron a súa defensa imprimindo unha maior intensidade. Isto favoreceu numerosas  recuperacións de balón que levaron a igualar o marcador a mediados do segundo tempo. Uns últimos 15 minutos de infarto onde o cansancio levaba a erros nos dous equipos, deixaba claro que os puntos non se decidirían ata os últimos segundos. Finalmente o resultado de 19-19 da un punto a cada equipo nun bó encontro.

Lamentar a lesión da xogadora do Xiria Candela Couto, que sofre un esguince no seu nocello dereito e agardamos que pronto volva ós adestramentos coas compañeiras.

Na vindeira xornada o equipo viaxará a Carballal para desputar o último partido desta Copa Federación da División de Honra Infantil Feminina. O encontro terá lugar o sábado 11 de maio ás 11:30 horas no Pavillón do Loureiro en Vigo contra o A.D. Carballal “A”. As rapazas do Xiria despídense da tempada co prato forte de enfrontarse ás primeiras clasificadas e onde buscan rematar o ano con boas sensacións que demostren o bó traballo feito durante todo o curso.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Candela Couto Costa (1), Catalina Magalhaes Dide (2), Coral Ruibal Fraga (1), Duna Barca Amado (3), Lara Hernández Couto (1), Lara Souto Felipez (3), Leticia Santos Insua (5), Lucía Lema Álvarez, María Patiño Vilar (1), Natalia Cancela Couto (1), Stefanía Landri Ferreira, Cecilia García Pose (1), Sara Méndez Pombo.

S.D. TEUCRO: Mencía Lorenzo Redondo (6), Candela Casal Antón (4), Laura Buceta García, Elena Cousido González (3), Carmela Fontoira de la Cruz (4), Rocío Fernández Luque, Paula Comendador Vidal, Daniela Poceiro Neira (2), Rocío Méndez Chacón, Mencía Diz Córdoba, Manuela García Canabal, Sara Ibáñez Pérez.