REMATE DA LIGA PARA OS EQUIPOS ALEVINS FEMININOS

Na xornada de onte os equipos Garaysa Xiria e Grupo Lemaco xogaron a última xornada da liga Alevín BM 5, Grupo Costa desta tempada. Fixérono na casa ante os equipos do balonmán Zas e Xiria Telepizza respectivamente. Pola súa parte o equipo benxamín Novo xogou un amigable contra os benxamíns do balonmán Zas.

Garaysa Xiria-CD Concello de Zas: 02-06

1º Cuarto: 05-04

2º Cuarto: 01-04

3º Cuarto: 02-05

4º Cuarto: 04-12

Garaysa Xiria: Sara Rial (4), Sofía Rey , Noa Millán, Clara Graña (2), Noa Quimtela (1), Sam López (3) e Mencía Roriguez (2).

O Garaysa Xiria xogou ante un balonmán Zas que consegiu gañar as nosas a base dun xogo combinativo ràpido que as carballesas non souperon frenar.

Comezaron gañando as do Xiria o primeir cuarto gracias en boa parte a actuación de Noa Millán na portería e recuperando varios balóns.

Sen embargo nos seguintes cuartos a boa defensa que levaron a cabo os xogadores visitantes impedía que as nenas do Garaysa fosen capaces de avanzar cara a portería con facilidade e cando conseguían lanzar acomodadas atopabanse unha e outra vez cas paradas dos porteiros rivais.

Aínda así no foi un mal partido das nenas do Garaysa que demostraron unha boa actitude sobre todo en defensa.

Grupo Lemaco-Xiria Telepizza: 00-08

1º Cuarto: 06-16

2º Cuarto: 03-14

3º Cuarto: 05-16

4º Cuarto: 02-11

Grupo Lemaco Xiria: Carla Martínez , Julia Verdes (1), Xulia Suárez (3) , Andrea López , Nerea Figueiras , Cecilia García (10), Elena González  e Sara Méndez (2).

O segundo encontro enfrontaba o Grupo Lemaco contra o Xiria Telepizza. A pesares da superioridade dos rivais o Grupo Lemaco foi capaz de desmotrar en moitos momentos do encontro que sairon a pelexar cada balón. Houbo no ataque accións combinativas moi boas e na defensa souperon estar atentas do seu opoñente,  sen embargo esto non foi suficiente para frear a velocidade do equipo contrario que tras cada balón perdido das nosas castigaba con gol.

Xiria Novo-CD Concello de Zas: 06-02

1º Cuarto: 04-07

2º Cuarto: 11-08

3º Cuarto: 06-03

4º Cuarto: 09-07

Xiria Novo: Sofía Rey (6), Julia Verdes (3), Xulia Suárez (7), Elena Rodriguez (3),  Lucía Vila, Lucía Castiñeiras (6), Mencía Rodriguez (5) e Natalia.

Non sairon enchufadas as nenas do Benxamín Novo que viron como os xogadores de Zas eran capaces de lanzar a portería sin apenas oposición. A falta de atención foi a tónica no primeir cuarto.

Pero mudaron a actitude nos sucesivos cuartos, e como nos ten acostumados este equipo foron capaces de interceptar moitos dos pases dos rivais, xogar con moita movilidade no ataque e ser capaces de en casi todas as accións defensivas que os  rivais non lanzasen cómodos facilitando que as nosas porteiras parasen moitos lanzamentos.

 

Remata deste xeito a tempada para as nosas nenas, unha tempada que supuxo un salto de melloría enorme para cada equipo e para cada nena, onde principalmente hai que destacar a actitude competitiva que amosaron nos últimos partidos. Agora só queda seguir adestrando para mellorar e demostrar que poden dar moito máis e que este ano só foi de aterrizaxe, pois elas son o futuro do balonmán feminino carballés.