Chegaba a 8ª xornada da liga benxamín e alevín de Bm5 para as nosas rapazas e tocoulles xogar desta vez na casa, no ceip Fogar.
En categoría benxamín as nosas nenas do Óptica Auris enfrentáronse os carballeses do 7 metros Xiria.
As do Óptica pelexaron practicamente en todos os cuartos, de feito o resultado en goles non foi abultado a non seres o último cuarto. A victoria caiu do lado dos nenos debido a velocidade e forza dalgún dos seus xogadores. As nosas foron capaces con moito esforzo de frenalos en numerosas ocacións. Foi un bó partido no que destacou a concetración e as ganas das nosas.Amosaron moi boa actitude así como a mellora en equipo que co paso dos partidos vai crecendo.
Óptica Auris-7 metros Xiria: 4-12
1er cuarto: 04-06
2o cuarto: 05-08
3er cuarto: 05-08
4o cuarto: 03-10
Iris, Alba, Sofía, Natalia, Lucía Castiñeiras, Paula, Érica e Sara Pallas.
En categoría alevín comezaron xogando dous dos nosos equipos, o Laber Xiria contra o Garaysa Xiria.
Todas as nenas se conocen a perfección por iso foi un partido igualado no que ambos equipos amosaron un bó balonmán con xogadas de moito mérito. Destacar o Garaysa,que siguen medrando como equipo e competindo de principio a fin. A victoria caiu do lado do Laber que estivo máis atinado de cara a portería. As do Laber con esta victoria poñense segundas na táboa clasificatoria.
Laber Xiria-Garaysa Xiria: 10-06
1er cuarto: 05-02
2o cuarto: 09-05
3er cuarto: 09-05
4o cuarto: 03-07
Polo Garaysa xogaron: Nerea, Andrea, Carla, Lorena, Lucía, Xulia e Sofía.
Polo Laber xogaron: Sam, Sara Rial, Julia, Noa Quintela, Lucía Andrade e Elena Rodriguez.
Remataba a xornada para os nosos equipos femininos co partido entre o Grupo Lemaco Xiria e Telepizza Carballo Xiria.
Tocáballes as nenas do Lemaco un rival difícil xa que van primeiros e sen perder ningún partido.
As nosas foron quenes de facer o seu xogo e de plantarlles cara os nenos do Telepizza, pelexando cada balón e lanzando sen medo a portería. lanzamentos que eran parados cunha boa actuación do porteiro rival.
Algunhas accións nas que as nenas dudaban na decisión foron aprobeitados polos carballeses para marcar goles fáciles.
A pesar de perder o encontro deben as do Lemaco sentirse moi satisfeitas co traballo e desgaste amosado. Foi o mellor encontro amosado no xogo en equipo destacando que todas as nenas do equipo anotaron e aportaron en labores defensivas.
Grupo Lemaco Xiria-Telepizza Carballo Xiria: 06-10
1er cuarto: 03-12
2o cuarto: 05-11
3er cuarto: 03-07
4o cuarto: 03-13
Clara, Ana, Elena González, Daniela, Mencía, Sofía, Noa Millán e Natalia.


