Está mañá finalizaba a «XV Escola Deportiva de Verán de Balonmán» e a «4ª Escola de Xogos e Iniciación Deportiva para Peques», actividades que se desenvolveron durante os meses de xullo e agosto con un importante exito de participación. Máis de 180 nenos e nenas tomaron parte nelas.
Dende aquí queremos agradecerlle ao Padroado Deportivo Municipal, Concello de Carballo e Asociación Anti-Droga Vieiro coorganizadores de todo isto xunto coas Escolas de Balonmán Xiria, e a Caixanova, Hierros Varela Urbieta e Lista Granit, patrocinadores, todo o apoio e a colaboración prestada para que este proxecto se pudese levar a cabo.