O Calvo Xiria ten unha nova xornada en primeira nacional, está vez viaxa ata Vigo para enfrontarse ao Magope Seis Do Nadal. Equipo asentado na categoría, coas ideas claras sobre o seu estilo de xogo e que non se engurra ante ningún rival. O Calvo Xiria tratará de facerse cos dous puntos nun partido que se prevé rápido e de moitas situacións de ataque; polo que un dos factores para ter en conta será o acerto dos porteiros. O equipo está unido e entre todos tratarán de facerse cunha nova vitoria, nunha pista difícil como é a de Coia. O preparador Adrián Dubra conta coa baixa de Enrique Pena, que non ten data para incorporarse e Chimpo que segue coa súa posta a punto particular tentará axudar ao grupo no que poida. O partido disputarase o sábado ás 18:30 no municipal de Coia.
Pola súa banda, as senior do Goldie desprázanse a Tui para enfrentarse ao conxunto local as 20:30h. A bo seguro que será un encontró moi complicado, xa que o BM. Tui é un equipo moi competitivo cunha defensa moi sólida e de moita dureza. As de Xiria deberán minimizar os erros non forzados e dar moita máis continuidade o balón para superar a férrea retagarda das tudenses. A velocidade da pelota será clave, así como imponer un ritmo alto no partido.
Tamén o sábado pola mañá, teremos unha nova xornada dos conxuntos de base, tanto na División De Honra como na 2ª infantil:
No Vila de Noia, os de Xiria; recibirán a un dos galos nas categorías masculinas; como é o Cisne de Pontevedra. Ás 10:00 abrirán a quenda os cadetes do Grupo Lemaco Xiria. O equipo xa demostrou a alta competitividade que posúe; e que ten que manter ao longo de 60 minutos; se quere levar os dous puntos. Ás 11:15, será a quenda para os infantís do Garaysa Xiria, un novo rival na loita polo título. Reducir as perdas de balón e reter o contraataque rival será fundamental para facerse coa vitoria. Ás 12:45 os xuvenís do Laber Xiria, enfrontaranse a un Cisne moi reforzado por xogadores galegos que lle outorgan a bitola de favorito ao título; pero os de Carballo non se deixan intimidar e saben que mantendo a regularidade no xogo de ataque, defendendo e estruturando a contra poden decantar a balanza ao seu favor.
No Ceip Fogar, ás 10:00 o Metalúrxica BB Xiria estréase na competición ligueira de 2ª ante o Bm Camariñas. Dous conxuntos con ganas de progresar e que seguro irán de menos a máis na competición.
Tamén no Vila De Noia pero as 11:15, as rapazas do Hierros Varela Urbieta desexan continuar ca súa progresión e porque non, loitar polos dous en xogo ante as cadetes de Lalín, equipo que xa foi quen de derrotar as carballesas no play-off de Setembro, pero ante as que as de Xiria amosaron poder tratar de tú a tú. Rebaixar os erros e as perdas de balón, será importante para superar as dezanas , así como dar continuidade ao xogo de ataque.
Despois das cadetes (12:30h), chegará o turno das infantís do Punta Del Este, que despois de conseguir una importante vitoria a semana pasada fronte o Teucro, tentarán competir e dar un paso máis no asentamento do seu xogo para loitar por imponerse ante un equipo, o de Lalín, que a bo seguro porá moitísimas dificultades.