O Laber Xiria perde diante do Balonmán Cisne

Laber Xiria 25 – Cisne Colegio los Sauces 27 (11-15)

Visitaba Carballo o Balonmán Cisne, máximo favorito ao título e equipo planificado para gañar e acadar quedar entre os primeiros do Campionato de España, con moitos xogadores de fora de Pontevedra o que o converte nunha selección galega. Enfronte o Laber Xiria, coñecedor do potencial do rival, pero tamén de que pode con calquera equipo da categoría.

Non entrou con bo pe no encontro o quipo carballés, moi precipitado no lanzamento, onde se atopaba coas intervencións do porteiro rival, e na saída a contra. O 5:1 defensivo que plantou o Laber, si ben complicaba a circulación de balón, deixaba moi solto ao pivote e a os xogadores desdobrados, polo que os locais tiveron que volver a un 6:0 máis repregado, con ese sistema e coas boas intervencións na portería fixéronse un pouco máis fortes e con velocidade nas contras o Xiria conseguiu preto do descanso minorar as distancias e irse cun 11 a 15.

Segunda metade onde o Laber Xiria saíu con máis confianza e a superar ao rival. Aos 10 minutos xa se metera de cheo no encontro cun 17 a 18, que aprendía as alarmas nos pontevedreses, a intensidade defensiva subiu enteiros e a paciencia en ataque facía que o Cisne sufrira en defensa. Tras unha parte igualada no marcador chegouse a falta duns minutos con empate a 24 no marcador, aí estiveron os visitantes máis acertados de cara a gol o que se traduzo nunha vitoria para eles co 25 a 27 final.

Laber Xiria 25 (11): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 8, Mario Cancela 5, Dani Mallo 2, Franco Rial 3, Aaron Rodríguez, Diego Antelo 3, Toni Calvelo, Carlos Varela, Pablo Esmorís, Fer Mallo 4, Alex Puñal e Esteban Puñal

Balonmán Cisne 27 (15): Anxo Fraga e José Cerqueiro (porteiros) , Juan Cuenca, Víctor Fernández 5, Sergio Alvarez 5, Mateo Arias 3, Jaime Leira 6, Javier Iglesias 2, Román Arboleya, Marco García, Andre de Moura 1, Daniel Virulegio, Diego López 5, Alex Rey,

Arbitraron: Henrique Folgoso e Ivan Hernández, sen complicacións.