O Punta del Este Xiria viaxou na mañá do sábado ata a Cañiza para disputar o segundo encontro da primeira fase da competición infantil femenina.
As carballesas dominaron o encontro de forma clara, a partir dunha moi boa defensa que maniatou ás xogadoras pontevedresas en todo momento. As diferencias no electrónico foron sempre amplias o que fixo que as de Zarra puideran xogar máis liberadas.
O resultado final (4-28) deixa ao Punta del Este Xiria líder con dúas vitorias, á espera da derradeira xornada que se disputará en Carballo dentro de dúas semanas ante a SD. Teucro.