Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil feminino

Seguros Sueiro cae de forma contundente despois dunha moi boa primeira metade

A visita ó Guardés asemellaba complicada pola racha positiva das locais e as numerosas baixas no conxunto do Xiria, que afrontaban o duelo ante o terceiro clasificado con tan só…

A visita ó Guardés asemellaba complicada pola racha positiva das locais e as numerosas baixas no conxunto do Xiria, que afrontaban o duelo ante o terceiro clasificado con tan só catro xogadoras xuveniles e moita axuda da categoría inferior. As apariencias levaron a engano dado que o Xiria amosou unha boa cohesión no traballo ofensivo con entendemento entre xogadoras de idade moi diferente e fixo mella nas filas guardesas mediante o traballo colectivo, defendendo pola contra a meirande parte dos ataques rivais a base de intensidade e pernas e con Carla pechando a cancela da meta. O seguros Sueiro tiña pronto a vantaxe nun electrónico que se mantivo a prol das norteñas durante os primeiros vinte minutos do encontro.

A defensa guardesa amoldábase ó xogo visitante mentres que a mala adaptación do balón por parte das integrantes máis novas do Xiria (estreando por vez primeira os balóns de talla superior e o emprego de resina) estancaba o ataque e concedía recuperacións as rivais sin demasiado esforzo, aportando un pequeno parcial ó Guardés nos derradeiros minutos antes do descanso e deixando o marcador en contra (9-12) pero boas sensacións a un conxunto visitante aínda en loita e con excelente actitude.

Nos primeiros minutos o Balonmán Xiria volveu reestructurar o seu xogo e continuou o pulso ante un terceiro clasificado que non puido relaxarse en ningún momento. O intercambio de tantos producíase con crecente rapidez e por fin a velocidade frenética do Guardés imposta dende os primeiros instantes do partido chegou ó corazón dun Xiria cun fondo de banquillo extremadamente limitado. O cansanzo provocou numerosos erros en ataque e, a pesar de facer unha extraordinaria labor no repliegue durante corenta minutos, xa non era posible seguirlle o ritmo as renovadas extremos locais que finalmente lograron eludir a defensa verde para atopar goles sinxelos. O tempo restante foi unha reafirmación da imposibilidade de continuar no encontro pola alta carga física e mental das xogadoras. O resultado final (29-18) non é testemuña da boa labor que levaron a cabo as xogadoras do Seguros Sueiro.

Agora queda tempo para recuperarse e afrontar os derradeiros tres encontros de liga, comezando pola recepción da SAR de Redondela nas pistas carballesas a vindeira fin de semana.

Próximo partido

Máis sobre isto